A Residencia " FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS " esta situada na Rúa Arturo Pérez Serantes nº 2 de Ourense.
É unha Residencia Xuvenil dependente da VICEPRESIDENCIA da Xunta de Galicia. Esta dependencia pode dar lugar a equivocos, xa que durante o curso escolar funciona como Residencia Universitaria .
Pode acceder a ela calquera persona menor de 30 anos que faga estudios universitarios ou ciclos superiores. Caso de ter máis solicitudes que prazas ofertadas ponse en funcionamento un baremo que ten en conta diversos factores: nivel de renta, notas do curso anterior, etc.
A convocatoria de prazas é pública e faise a través do DOG no mes de Xuño ( aproximadamente) .
A gran vantaxe da Residencia é a súa situación ( Praza das Mercedes, en pleno centro de Ourense ) e a súa cercania ó campus universitario. Os residentes teñen dereito a manunteción completa de luns a venres.
Conta con habitacións dobles e individuais asi como distintos servicios: comedor, biblioteca, salón de actos, aula de Informática etc. En definitiva ofrece con condicións atractivas unhas prestacións importantes.
Para máis información pódense dirixir a Residencia ou a través do telefono 988252412 .